domingo, 24 de janeiro de 2010

Projeto Fiare : AIS - Associacion de Interesse Social

Proxecto FIARE Galiza

Introducción para poder situarnos:

A Globalización económica teceu unha rede tan tupida de institucións, mecanismos, telecomunicacións, que...
 Fai que as nosas accións xeren efectos inmediatos, afastados e difíciles de trazar. De que somos realmente responsábeis?
 Suma e sincroniza un gran número de accións individuais. Como é de “grave” a nosa responsabilidade?
 Distancia a relación entre os colectivos causantes e os “sufrintes” profundando a sensación de inocencia.
 Limita a eficacia dos marcos xurídicos estatais dificultando a esixencia de responsabilidades e a demanda legal de culpabilidades.

Os Novos Retos da RESPONSABILIDADE:
1) Decatarse de que sucede algo inusual.
2) Entender que se trata dunha urxencia.
3) Decidir que é preciso facer algo de inmediato.
4) Atribuírse a responsabilidade de facelo.
5) Executar a resposta.

A suposta inocencia:
"Chamo inocencia a esa enfermidade do individualismo que consiste en tratar de escapar das consecuencias dos propios actos, a ese intento de gozar dos beneficios da liberdade sen sufrir ningún dos seus inconvenientes."
Pascal Bruckner.

Un signo distintivo destes tempos que vivimos, dicía o autor xa en 1996, é que non só nos declaramos non-responsábeis, senón vítimas ou, en todo caso, inocentes. Mellor aínda, “vítimas inocentes” de todo aquilo que acontece, é dicir, de todo.

Cal é o contido esencial da RESPONSABILIDADE?:
 de que: dos nosos actos (e intencións?).
 ante quen: ante os/as afectados/as.
 por que: polas consecuencias das devanditas accións.

É dicir:
Os afectados están lonxe... ou aínda non están.
As redes causa-efecto que recollen os nosos comportamentos na esfera do económico cubriron todo o planeta...
...e son moi tupidas e “convenientes”.

A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou non intencionais. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e as consecuencias destas favorecen a uns e perxudican a outros.

Ao noso redor, cada vez máis persoas e organizacións vanse facendo conscientes desta realidade e intentan tomar as decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou os seus investimentos con responsabilidade, baseándose nunha información fiábel e suficiente.
.
Xorden así preguntas como as seguintes:
 Cobre o sistema bancario actual as nosas demandas como aforradores, consumidores e investidores?
 Atopan as organizacións sociais e os seus usuarios resposta nas entidades financeiras tradicionais?
Onde e desde que criterios invisten o noso diñeiro as institucións financeiras?
 Responden as entidades financeiras ás demandas das nosas sociedades e especialmente ás que proveñen dos sectores máis desfavorecidos?
 Existe un modelo alternativo de banca que sitúe esas demandas no centro da súa misión, visión e valores?

A nosa pretensión debería ser dar respostas satisfactorias a estas preguntas e isto podemos atopalo no inicio e na base do proxecto de Banca Ética de FIARE.

OS ALICERCES DUNHA BANCA RESPONSÁBEL:

NON SÓ NON FACER OU NON TER FEITO SENÓN... EVITAR QUE OCORRA.
A SUMA das nosas accións individuais (legais, “inocentes”, socialmente aceptadas, ...) teñen efectos DEVASTADORES en persoas e lugares que non coñecemos... aínda que non queiramos.
Por todo isto non nos debemos mostrar indiferentes e debemos actuar dun xeito coherente cos nosos ideais.

Que é o Proxecto Fiare?

O proxecto FIARE establece coa sociedade o compromiso (público, transparente e responsable) de FACERSE CARGO E COIDAR de todo aquilo que É XUSTO, RESPECTA O PRINCIPIO DE IGUALDADE...... É ÉTICO.

Un proxecto de CREACIÓN e CONSOLIDACIÓN dun SISTEMA ESTATAL de BANCA ÉTICA que se constitúa en ALTERNATIVA ELEXIBLE pola CIDADANÍA e ACTÚE SIGNIFICATIVAMENTE pola TRANSFORMACIÓN do sistema financeiro, ALIÑÁNDOSE con aquelas entidades que xa están traballando no ámbito da ECONOMÍA SOLIDARIA:
 Intermediación financeira ao servizo da Xustiza.
 Información de todo o circuíto dos cartos.
 En mans dos movementos sociais.
 Carácter Non lucrativo.
 Inserido no sistema financeiro.

Os principios do Proxecto son:

 AO SERVIZO DA XUSTIZA.
Un proxecto que persegue transformar as nosas sociedades, e particularmente o ámbito dos intercambios económicos que nelas se producen, poñendo a intermediación financeira ao servizo da xustiza.
Un proxecto que parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas e é a esa inxustiza á que o proxecto quere facer fronte. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. Respondendo ás situacións indignantes, ás que é eticamente imperativo respostar.

 IDENTIDADE.
Un proxecto que está en mans daquelas persoas e entidades comprometidas coa rexeneración das nosas sociedades inxustas:
 Porque elas saben das necesidades.
 Aliñado, como unha ferramenta máis, con esas entidades.

 ALTERNATIVA.
Que participa dun proxecto transformador de moito máis calado, co obxectivo de ir desenvolvendo cada vez máis actividades das que habitualmente se recoñecen como propias da esfera do económico, pero rescatando a xustiza como alicerce básico e valores como a cooperación ou a solidariedade como elementos centrais dos seus modos de actuar. Un proxecto que atopa así un espazo natural no gran movemento da Economía Solidaria, xunto con outros actores que fan economía ao servizo das persoas como o comercio xusto, o consumo responsable, a inserción laboral ou o ecodesenvolvemento.

Esa condición de alternativa ao xeito habitual de facer intermediación financeira nas nosas sociedades esixe ofrecer á cidadanía os produtos e servizos financeiros habituais que esta necesita, buscando poder constituírse nunha proposta realmente elixíbel “como primeira opción” (e non a menos mala coa que seguiriamos favorecendo o sistema neoliberal e de lucro desenfreado) e non só nunha experiencia residual na formulación económica xeral de cidadás/ns, familias ou organizacións onde o proxecto se implanta.

 ACCIÓN SIGNIFICATIVA.
Unha proposta por canalizar múltiples intereses individuais cara a esa transformación, tratando de rescatar da lóxica neoliberal o espazo da intermediación financeira.
Un proxecto que asume que o horizonte non é tanto crear un espazo para que quen se senta motivado e coñeza o proxecto se achegue e obre responsablemente, máis ben é conseguir un armazón que poida agregar esas decisións individuais de transformación ata poder xerar efectos en escalas macro.

 NON LUCRATIVIDADE.
Ningunha persoa ou grupo que participa nas tomas de decisións se pode beneficiar persoalmente dos excedentes económicos que se puidesen xerar no proceso de intermediación financeira.

 INSUFICIENCIA.
A Banca Ética chega a unha conclusión “paradóxica”: un sistema de Banca Ética non pode facer só intermediación financeira garantida.

A práctica operativa.

O compromiso de FIARE de camiñar na consolidación dun instrumento financeiro que responda aos estándares da Banca Ética, concrétase nunha práctica operativa que contempla:
 Unha información detallada do destino dos cartos dos aforradores e dos custos implicados nas operacións bancarias (total transparencia).
 Unha estrutura de prezos e condicións deseñada en diálogo cos/as destinatarios/as da actividade financeira e guiada pola sinxeleza, a transparencia, a flexibilidade e a sustentabilidade económica e social.
 O traballo nos diferentes territorios baseado no respecto e a colaboración coas redes locais existentes.
 A selección como provedores preferentes de subministracións e servizos a empresas de inserción.
 Unha estrutura organizativa que promove a participación efectiva das persoas e entidades socias e a estabilidade do proxecto.
 O establecemento de cocientes salariais na escala de 1 a 3 no persoal profesional de FIARE, e acordes en contía aos niveis salariais das entidades que promoven o proxecto FIARE.

Que se financia?
 Cobertura de Necesidades Básicas de persoas físicas tanto na noso entorno como no Sur, mediante acordos específicos con entidades socias do Proxecto FIARE ou coas Administracións Públicas.
 Financiamento xenérico (estrutura, locais e tesourería) a entidades que traballan con persoas en situación ou risco de exclusión, organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento e a cooperación co Sur, Empresas da economía solidaria e en xeral a todas aquelas entidades sen ánimo de lucro que promoven ou desenvolven actividades con impacto social positivo.
 Créditos para a posta en marcha de proxectos empresariais presentados por calquera persoa física ou xurídica, estando a súa aprobación suxeita á avaliación ético social tanto da entidade solicitante como do proxecto.


Proxecto FIARE Galiza.

A posibilidade de construír directamente unha plataforma en Galiza supón, para aquelas organizacións que queiran ter unha relación directa coa plataforma estatal de FIARE, a vantaxe de que as súas especificidades poden mostrarse de forma máis directa e participar así no deseño dunha banca ética máis acorde coas esixencias e prioridades observadas, estudadas, ...
Para isto sería preciso constituír unha Asociación de Banca Ética Proxecto FIARE-GZ entre todos os movementos sociais e toda a cidadanía galega que se responsabilice e xestione o avanzo e consolidación deste proxecto no noso territorio.
Hai moitos exemplos: creación de sinerxias con outras realidades existentes noutras zonas do Estado, sistema de participación na futura cooperativa de crédito que contemple as particularidades de cada territorio (para a que hai que recadar capital social -deste tema ofreceremos máis información en breve), deseño de produtos (de aforro e de crédito) adaptados ás necesidades específicas do sector ou do territorio, etc.
Máis información en www.fiare.org

Nenhum comentário:

Postar um comentário

SER(ES) AFINS